Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2025

A Protectora de Animais "Os Palleiros", visita o noso cole.

Imagen
  No CEIP P. Praza de Barcelos, recibimos nas aulas de 6º curso de educación primaria, a Gloria (presidenta) e Nuria (tesoreira) da  Asociacion de Acollida e Adopcion de Cans "Os Palleiros", do noso concello de Pontevedra. Visitaron o noso colexio, acompañadas dunha cadela adulta chamada Nina e os cachorros, Canelo e Ray  Preséntaronnos a súa labor de apoio e protección a cadelas e cans que o necesitan , sendo moi interesantes as informacións recibidas.  Moito alumnado de 6º xa preguntou sobre os días de facer os paseos e as tarefas de mantemento.  Están pensando colaborar!    

Día Europeo da Arte Rupestre. O 2º curso de primaria visita o Museo de Pontevedra

Imagen
     O 9 de outubro celébrouse o Día Europeo da Arte Rupestre, o alumnado do 2º curso de educación primaria, visitou o Museo de Pontevedra, para participar na actividade preparada polo persoal do museo.      Realizamos unha visita às salas de arte rupestre, na que somos acompañados polo persoal  especialista, que nos presenta e introduce nese momento da prehistoria en Galicia.      Tamén facemos un obradoiro de  impresión, na que deixamos a nosa pegada.      Agradecemos ao Museo de Pontevedra a invitación. Ao seu persoal, a boa mañá formativa e divertida, que nos fixeron pasar.  Grazas!