A Protectora de Animais "Os Palleiros", visita o noso cole.



 

No CEIP P. Praza de Barcelos, recibimos nas aulas de 6º curso de educación primaria, a Gloria (presidenta) e Nuria (tesoreira) da  Asociacion de Acollida e Adopcion de Cans "Os Palleiros", do noso concello de Pontevedra.

Visitaron o noso colexio, acompañadas dunha cadela adulta chamada Nina e os cachorros, Canelo e Ray 

Preséntaronnos a súa labor de apoio e protección a cadelas e cans que o necesitan , sendo moi interesantes as informacións recibidas. 

Moito alumnado de 6º xa preguntou sobre os días de facer os paseos e as tarefas de mantemento. 

Están pensando colaborar!


 

 




Comentarios

Entradas populares de este blog

Día Europeo da Arte Rupestre. O 2º curso de primaria visita o Museo de Pontevedra