O 9 de outubro celébrouse o Día Europeo da Arte Rupestre, o alumnado do 2º curso de educación primaria, visitou o Museo de Pontevedra, para participar na actividade preparada polo persoal do museo. Realizamos unha visita às salas de arte rupestre, na que somos acompañados polo persoal especialista, que nos presenta e introduce nese momento da prehistoria en Galicia. Tamén facemos un obradoiro de impresión, na que deixamos a nosa pegada. Agradecemos ao Museo de Pontevedra a invitación. Ao seu persoal, a boa mañá formativa e divertida, que nos fixeron pasar. Grazas!